jueves, 28 de mayo de 2009

O profesorado de apoio na aula

Colegas, estamos a ter un encontro entre profesiones de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe coa intención de xuntar forzas cara a unha escola de calidade, onde todas as persoas que conforman a comunidade educativa se sintan incluídas nun espazo que lles pertenece e onde os procesos de aprendizaxe se axustan ás necesidades.
Parece unha utopía,.... pero hai profesionais que o están a facer e que ven o mundo unicamente deste xeito. ¿Recordades a Jesús Soldevila cando nos dicía que el quería un mundo mellor, no que ás persoas se lles permitira ser creativas, onde a escola fora un espazo para medrar, para non poñer camcelas ás mentes,...? Dicía tamén que de iso ía a depender que se conseguiran bos científicos que atoparan o remedio contra as enfirmidades máis perigosas..., mellores persoas que repectaran o mundo no que vivimos,... El cree en todo isto e penso que nos fixo confiar un pouco a todas...
Este curso non pretendía máis ca iso: darnos unha luz para que nós busquemos camiño....
Tamén quero comentarvos que, como todas sabemos, o camiño faise mellor acompañadas, e por iso vos animo a que deixedes aquí as vosas propostas para traballar xuntas...
Esther

viernes, 24 de abril de 2009

...Despois de tanto tempo retomamos a actividade desta blogue. Temos en marcha o curso de “intervención psicopedagóxica”e parécenos a escusa perfecta para facelo.
Nesta actividade estamos traballando 25 orientadoras e orientadores da zona de Pontevedra.
Tivemos a oportunidade de revisar e analizar con Javier Onrubia o modelo de intervención educativa, facendo diferentes incursións na nosa práctica en centros.
Agora estamos na 2ª fase do curso que consiste en secuenciar tres mesas de traballo dirixidas a reflexionar sobre o asesoramento a familias, profesorado e alumnado. Esta 1ª e 2ª fase teñen o obxectivo de que cada profesional vaia detectando actuacións de mellora nos seus respectivos centros.
Remataremos con unha 3ª fase na que José Ramón Lago, tentará construír con nós plans de mellora, en resposta a esas necesidades que cada orientador e orientadora foi detectando.
Esta blogue pretende ser un espazo virtual no que se poidan atopar os materiais que se van entregando ao longo da actividade. Os relatores e relatores que participan van a ter a posiblidade de estar como invitados e invitadas, polo que tamén pode servirnos durante este tempo para presentarlle dúbidas, facer comentarios e mesmo establecer redes de traballo entre nós.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Programa do curso: "...á procura dunha escola inclusiva...

PROGRAMA DAS XORNADAS:

... Á PROCURA DUNHA ESCOLA INCLUSIVA. O TRATAMENTO DOS TRASTORNOS XERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO.
( Do 17 ao 20 de outubro no salón de actos do “Hotel Galicia Palace” de Pontevedra)

Presentación e coordinación: Esther Núñez Pintos
(Asesora do Ámbito de Integración e Orientación do CFR de Pontevedra)

Mércores, 17 de outubro, das 18:00h ás 21:00h: Carmen Márquez López ( BATA Baión, Pontevedra).
1. Trastornos xerais do desenvolvemento: Diagnóstico diferencial.
• Definición
• Características
2. Linguaxe e Comunicación.


Venres, 19 de outubro, das 17:30h ás 20:30h: Agustín Illera (GAUTENA, País Vasco).
3. Estratexias, sistemas de intervención e recursos para apoiar ao alumnado con TXD. Aplicación ao marco escolar facilitando un modelo inclusivo:
• Organización das aulas.
• Estilos de aprendizaxe.
• Materiais.


Sábado, 20 de outubro:
Das 9:30h ás 11:30h.: Manoel Baña (Profesor de Psicoloxía da Universidade da Coruña).
4. A escola inclusiva como resposta educativa para todo o alumnado. Implicacións:
• A nivel do centro.
• A nivel da aula.
• A nivel da comunidade

Pausa-café.

Das 11:45h. ás 12:45h.: Rosa Fiel (Orientadora do CEP “Antonio Magariños Pastoriza”. Cambados).
5. Unha experiencia inclusiva: o relato dunha historia.

Das 12:45 ás 13:30: Manoel Baña
6. A modo de conclusión: ¿é inclusiva a nosa realidade?. Perspectivas....

"...á procura dunha escola inclusiva. Os Trastornos xeneralizados do desenvolvemento."

Colegas:
A finais do mes pasado organizamos unhas xornadas tituladas “… á procura dunha escola inclusiva. Os trastornos xeneralizados do desenvolvemento.” Foi unha boa ocasión para, sobre todo, reunir a profesionais preocupados/as por este tema. O compromiso dos/as asistentes e o bo facer dos/as poñentes fixeron que estas xornadas resultaran moi interesantes.
Carmen Márquez de Bata, Agustín Illera de Gautena, Manoel Baña da UDC e Rosa Fiel do “CEP Magariños” de Cambados foron os responsables de transmitirnos moita información, pero fundamentalmente o que máis nos chegou foi a súa emoción, implicación e a súa calidade humana.
Con Carmen fixemos un repaso polos TXD e o correspondente diagnóstico diferencial. Con Agustín puidemos ter un achegamento ás estratexias adecuadas para intervir, así como aos recursos para apoiar ao alumnado, tentando aplicalos ao marco escolar dende unha perspectiva inclusiva. Con Manoel e con Rosa vivimos o relato da historia de Dani, un neno con Asperger que foi desenvolvendo as súas aptitudes coa axuda dun equipo de profesionais e, sobre todo, de persoas que estaban en disposición de dar e de aprender moito, nunha escola ordinaria onde mestres/as, compañeiros/as, a familia e o tesón de Manoel foron as claves de que todo saíra ben (sen esquecer intres duros) ¡foi moi emotivo!.
…E agora poderíamos continuar!!! Sei de profesionais de diferentes centros que xa están a traballar para elaborar un proxecto con esta temática, na modalidade de formación de “grupo de trabalo”.
Se alguén de vos está con ganas de emprender unha “camiñada” nesta liña e non atopa outros profesonais ou quere compartir materiais, ideas, novidades, direccións interesantes,… pode facelo a través deste blog. Sería bo establecer canles de comunicación que nos axudaran no noso traballo diario.

lunes, 14 de mayo de 2007

A propósito das conclusións...

Queremos traballar aspectos de mellora! A ver como podemos abrir expectativas de cambio...
O vindeiro curso, dende este CFR, e dende o ámbito de orientación, están propostas dúas actividades de formación: “aprendizaxe cooperativa” e “elaboración dun programa de educación emocional”. Calquera das dúas van sernos de utilidade para mellorar certos aspectos a nivel de Centros: empatía, traballo en equipo, compromiso coa diversidade...
As conclusións deste curso danme a pista de que cando falamos de emocións e de traballo en equipo debemos pensar no alumnado, no profesorado e nas familias, e penso que se terá que crear un apartado (dentro de cada actividade) para o traballo relacionado coa atención á diversidade e todas as emocións que leva implícitas. ¡ Se se vos ocorre algunha idea, poñédea no blog! Son a responsable da organización e vanme vir moi ben!
Dende outra perspectiva podemos traballar (como xa falamos) nos Centros Educativos e dende alí propoñer: seminarios permanentes, proxectos de formación en centros ou grupos de traballo. Este modalidade de formación pode resultar máis axustada ás necesidades que xorden nun determinado contexto.
Os proxectos de formación en centros implican a diversidade de profesionais dentro da mesma comunidade educativa e aquí pode ter sentido o traballo dirixido a favorecer actitudes NO PROFESORADO EN XERAL de cara a atención á diversidade; podendo centrarse en algunha dificultade específica, como podería ser os TXD.
Se vos decidides por o traballo máis específico nunha dificultade é posible que se axuste máis a modalidade de “grupo de traballo”, na que vos poderiades xuntar profesionais especialistas de diferentes centros.
As posibilidades son varias... e contades co noso apoio.
¡ANÍMOVOS A QUE VAIADES PENSANDO NA IDEA!
Un saúdo
Ester

miércoles, 11 de abril de 2007

Habilidades comunicativas e TXD

Colegas:
Do 16 ao 28 de abril celébrase no Centro de Formación do Profesorado de Pontevedra un curso de "habilidades comunicativas e trastornos xeneralizados do desenvovemento".
Contamos con profesionais de BATA, GAUTENA , CEPRI e do EOE de Pontevedra.
Dende esta proposta tentamos achegarnos a un mundo de posibilidades para as persoas que presentan estas dificultades e que ao mesmo tempo posúen un potencial de aprendizaxe polo que queremos apostar.
Este blog pretende ser unha pequena plataforma na que, contando coas aportacións de todos e todas, vaiamos aprendendo aspectos que nos permitan mellorar a nosa calidade educativa.
Un cordial saúdo.
Ester.