viernes, 24 de abril de 2009

...Despois de tanto tempo retomamos a actividade desta blogue. Temos en marcha o curso de “intervención psicopedagóxica”e parécenos a escusa perfecta para facelo.
Nesta actividade estamos traballando 25 orientadoras e orientadores da zona de Pontevedra.
Tivemos a oportunidade de revisar e analizar con Javier Onrubia o modelo de intervención educativa, facendo diferentes incursións na nosa práctica en centros.
Agora estamos na 2ª fase do curso que consiste en secuenciar tres mesas de traballo dirixidas a reflexionar sobre o asesoramento a familias, profesorado e alumnado. Esta 1ª e 2ª fase teñen o obxectivo de que cada profesional vaia detectando actuacións de mellora nos seus respectivos centros.
Remataremos con unha 3ª fase na que José Ramón Lago, tentará construír con nós plans de mellora, en resposta a esas necesidades que cada orientador e orientadora foi detectando.
Esta blogue pretende ser un espazo virtual no que se poidan atopar os materiais que se van entregando ao longo da actividade. Os relatores e relatores que participan van a ter a posiblidade de estar como invitados e invitadas, polo que tamén pode servirnos durante este tempo para presentarlle dúbidas, facer comentarios e mesmo establecer redes de traballo entre nós.